O día 24 de novembro tivemos a segunda sesión con Marcos Flórez.
Comenzamos visualizando os planos que nos deixou de tarefa Marcos, comentándoos sempre en positivo, e descubrindo as cousas necesarias para filmar. Tamén visualizamos novos fragmentos que reflexamos no noso caderno.
Continuamos gravando as voces que faltaban e finalizamos editamos un plano en VideoPad.
Impacientes por ensinarlles a Marcos os nosos travellings o día 15 de decembro!