Onte disfrutamos da primeira sesión co noso cineasta Marcos Flórez.
Fixemos visionamentos de Perlov, Akerman, Mercedes Álvarez e José Luis Guerin, que analizamos nos nosos cadernos de Cinema en curso.
En catro grupos, filmamos planos dende diferentes ventás da nosa escola, inspirados por David Perlov, no seu filme «Diary». Aprendemos a estabilizar, encadrar, enfocar… Destes catro planos, consensuamos que o que vos presentamos é o que mellor nos identifica.
Marcos ensinounos como introducir a voz na filmación, elixir o momento onde poñela, coordinada coa imaxe, introducir os créditos… e así logramos editar completamente o noso plano.
Esperamos que vos guste tanto como a nós realizalo.
Saúdos dende Os Ancares!